|
Neste apartado podedes atopar o máis novedoso servizo de CIDADES DIXITAIS, coma son os vídeos elaborados conxuntamente co CENTRO INTERPRETACIÓN, quen se encargou de todo o estudo histórico. Queremos agradecer públicamente a quen se prestou a colaborar de xeito totalmente desinteresado como foron: D. Jorge Sueiro (Arcipreste Parroquia de Verín), Padre Aguirre Herrera (Padre Mercedario), por compartir todo o seu coñecemento, Ángeles González (Onda Cero), Victor Cedillo (CallexCalle), Cristina Colmenero, por prestarnos as súas voces, e a outros tantos compañeiros de Servizos Sociais que nos soportaron todas as probas e nos diron a súa opinión. Tamén agradecerlle a Xerardo Dasairas Valsa e Adolfo Rolán por permitirnos usar todo o material que aparece nas súas obras e por último a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual e o CMG por todos os consellos técnicos e apoio tecnolóxico. Tamén indicar que todos estes vídeos están nun formato de baixa calidade, porque si non, non sería posible o seu visionado por Internet. Para poder velo a maior resolución, está a vosa disposición, as salas de visionado do Centro de Interpretación, sendo recomendable solicitar reserva: Telf. 988.41.47.76 ou mailto:cimuseistica@verin.net. En breve tamén poderendes solicitar o servizo de prestamo dun mp4 para acudir in situ ós lugares, escoitando e vendo, os vídeos. Así mesmo indicar que tamén incluimos outros vídeos, externos, que teñen relación con Verín e a súa Comarca.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
















